SAÍDAS GUIADAS INTERPRETATIVAS "AS TURBEIRAS E TREMEDAIS DO SUÍDO E MONTOUTO"

Rutas guiadas e interpretativas para coñecer máis e mellor as turbeiras e tremedais das serras do Suído e Montouto.

Amáis de divulgar a importancia vital destas nos ecosistemas, as súas bondades e valores medioambientais, o biólogo e técnico deportivo Julio Eiroa guiaranos por varias turbeiras en distintos estados de conservación e instruirá sobre as figuras de protección e principais factores que as ameazan.

Ambas rutas comezarán ás 11:30 da maña e terán unha duración aproximada de entre 4 e 5 horas, polo que cada un deberá levar auga e comida (faremos unha parada para comer e descansar). Tendes máis info no cartel.

DÚAS XORNADAS: SÁBADOS 7 E 14 DE MAIO

PRAZAS LIMITADAS

INSCRICIÓNS E MÁIS INFO 👉 654 500 652 (Julio Eiroa)

A ter en conta: as datas, horarios e itinerarios poderanse ver modificados por causas de forza maior, seguridade ou condicións climatolóxicas. Notificaremos de calquera cambio coa maior brevidade posible. 







Comentarios

Entradas populares