Recollida de lixo 2021

Xornada de voluntariado ambiental para a limpeza de espazos verdes
Grazas ó seu traballo hoxe Covelo está moito máis limpo e fermoso (se cadra). O concello aportou tódolos materias necesarios: luvas, bolsas, bridas, vehículos para transportar o lixo ó punto limpo e tamén man de obra.
Retiráronse principalmente restos de plásticos (bolsas e botellas), latas, vidros, bolsas de patatas fritas e envases varios, arames, cordas, neumáticos e mesmo un filtro de aceite de coche e algún electrodoméstico.
Moitísimas grazas @s voluntari@s, que mesmo viñeron dende lonxe para aportar o seu gran de area. ¡Xuntos fixemos unha montaña!
Deixamos aquí algunhas imaxes do día da recollida:
Esperamos que estas accións sexan cada vez menos necesarias. A educación e a concienciación ambiental son a base dun presente e futuro limpo e sostible.
¡Grazas a tod@s @s volutari@s e ó concello de Covelo!
Comentarios