Roteiro etnobotánico "Herbas de San Xoán" 2021

Roteiro etnobotánico e recollida de herbas de San Xoán para facer o cacho



Na véspera de San Xoán fixemos un roteiro etnobotánico para recoñecer a biodiversidade vexetal da nosa contorna, concretamente a das herbas e arbustos de uso tradicional polas súas propiedades medicinais.

Algunhas delas poden ser tóxicas segundo a dose ou vía de administración, polo que hai que ter moito ollo e saber recoñecelas e empregalas.

Amais de coñecer mellor os antigos camiños de Covelo, aprendimos moito sobre algunhas costumes moi interesantes e fermosas, como a de anoar os varelos do codeso ou da xesta cunha man para pedir un desexo ou o curioso uso que se facía das follas do gordolobo (Verbascum thapsus).

No camiño fomos recollendo as herbas de San Xoán en cestos para despois preparar o cacho na fonte da Praza do Mestre Cerviño. Tentamos facelo respetando a cultura popular e tradicións da auga de San Xoán, para que non se olviden e caian no abandono.




Neste tríptico tentamos condensar toda a información respecto a cultura popular e usos tradicionais das herbas de San Xoán:




Pinchando aquí podes descargar o tríptico das herbas de San Xoán con mellor calidade e en pdf.

Comentarios

Entradas populares