Biodiversidade nos cursos fluviais e bosques de ribeira 2021

Máis que auga: A biodiversidade nos cursos fluviais e nos bosques de ribeira


O venres 15 e o sábado 16 de outubro visitamos os bosques de ribeira e varias charcas naturais e artificiais da nosa contorna para descubrir a vida e a enorme diversidade de especies que aquí se agocha. ¡Quedamos abraiados da cantidade de formas vida diferentes e da súa importancia ecolóxica!  


Os bosques de ribeira son importantes autoestradas verdes para a natureza. Coñecemos unha mínima parte das decenas de fentos que podemos atopar nos nosos cursos fluviais e nos que apenas nos fixamos a pesar da súa fascinante bioloxía. Descubrimos que as algas verdes e azuis non viven só no mar, senón que moitas especies gozan da auga doce. ¡Mesmo nunha culleradiña de terra húmida podemos atopar ata 200.000 algas! Aprendemos que as raíces das árbores en contacto co río actúan como filtros naturais que limpan as augas, además de aportar agocho a moitas especies da fauna.










Un tesouro se agocha dentro das charcas. O espectáculo está ahí mesmo, moi cerca de nós, en calquera charca, regato ou poza de rega, e mesmo nas fontes e estanques urbanos. Todos eles agochan unha sorprendente explosión de vida: de pequenos invertebrados, de plantas, larvas, algas...

Seguramente fai miles de anos unha charca foi o primeiro espello no que nos vimos reflectidos e recoñecémonos. Hoxe, para ben ou para mal, o que facemos con estas illas de vida e cos seus habitantes reflíctenos tamén, pero aí empezou a vida. Coidémolas como o tesouro que son para que, como dicía Proust, non as consideremos un tesouro cando as perdamos.









Comentarios

Entradas populares