Coñecen os teus nenos de onde nace a auga que alimenta ríos, regatos e manantiais?
Coñecen os teus nenos de onde nace a auga que alimenta ríos, regatos e manantiais? Con este didáctico vídeo podes mostrarllo.
""Turbeiras, brañas, porcas preñas, mantas vellas…Coñecedes as nosas turbeiras?
Ademais dunha impresionante e exclusiva biodiversidade, calcúlase que unha hectárea de turbeira pode almacenar entre 3 e 3,5 veces máis carbono que unha hectárea de bosque tropical, reducindo a emisión de gases de efecto invernadoiro e o quecemento global do planeta, polo que é fundamental a conservación destes sumidoiros e acumuladores de carbono.
A estrutura pechada e esponxosa das turbeiras actúa como importante regulador dos ciclos hidrolóxicos. A auga caída durante choivas intensas e copiosas almacénase dentro desta enorme esponxa, de forma que se suprimen e lamínan posibles picos de inundación augas abaixo, evitando procesos erosivos e mesmo danos ás poboacións que se atopan nesa conca hidrográfica.
Posteriormente, toda a auga retida pola turbeira libérase paulatinamente, o que proporciona un caudal máis constante durante máis tempo e, por tanto, máis útil para o home e os ecosistemas. A retención de auga na estrutura esponxosa dos esfagnos proporciona auga a outras especies vexetais en épocas de escaseza de choivas. Esta particularidade fai que as turbeiras alimenten ríos e regatos á vez que manteñen pastos máis frescos en épocas de verán ou seca, o que as fai indispensables para a biodiversidade e agricultura augas abaixo, e moi interesantes desde o punto de vista do aproveitamento gandeiro onde se atopan, a condición de que este realícese de forma extensiva, evitando a excesiva pisada da turbeira.
Temos a obriga de protexelas!!!"
Comentarios